Visión: Recuperar o territorio dende abaixo
1. Queremos recuperar un muiño de río fora de uso e o seu contorno de 0.5Ha, de xeito que o lugar volva ter actividade económica e de novo constituia un espacio de lecer e de formación.
2. Todo territorio está definido polo seu espacio e a súa poboación. Pero son as persoas as que constituen esa poboación. Nós queremos contribuir ao benestar das persoas.
Misión
1. Dotar ao lugar das infraestructuras necesarias para poder levar a cabo as tarefas productivas e de formación.
2. Desenvolver unha rede de transformación e comercialización de productos alimentarios, artesanía e servizos de proximidade.
3. Realizar un módulo piloto no muiño e contorno, autosuficiente no ámbito enerxético e na depuración biolóxica de augas residuais.
4. Desenvolver un modelo de colaboración Escola-Empresa.
.
Obxectivos
1. Producción e comercialización de fariñas, pans, conservas e outros derivados agroalimentarios; elaboración de dispositivos tecnolóxicos sinxelos aplicables nos ámbitos medioambiental e educacional.
2. Desenvolver unhas marcas propias de calidade, Algo de Ceres, Muiño de Arnoso, Rurótica, Alp*toGrano, que trascendan o seu contorno.
3. Ofrecer o Módulo piloto (autosuficiente no ámbito enerxético, na depuración biolóxica de augas residuais e IOT -Internet das cousas- ) a outros lugares afastados situados na proximidade de ríos.
4. Formalizar materiais curriculares válidos para unha Formación Profesional Dual de Muiñeiro-Compostor (1).
4.1. Actividades non sen Contidos
A maiores do seu aspecto productivo, é fundamental salientar o aspecto formativo do proxecto, coa necesidade de definir os contidos a desenvolver. Contidos son o conxunto de saberes, feitos, conceptos, habilidades, actitudes, a carón das que se desenvolven as actividades no lugar de formación.
4.2. Referentes: Os Oficios
Gostaríanos poder formanos e formar muiñeiros-compostores, porque pouco cunde a aprendizaxe se non fas uso continuado dela e porque todos somos perecedoiros.
Mirámonos coma escolantes ou mestres do ferrado, segundo a definición de Narciso Luarces (2)
Temos coma referencia de saída a figura do compostor, cun algo de canteiro, de ferreiro e de carpinteiro, segundo Ramiro Barros (3)
Temos coma meta unha especie de compostor do século XXI. Alguén que entenda e sexa capaz de crear un contorno productivo eficaz, se sirva das enerxías renovables e xestione intelixentemente os resíduos.
O tratamento dos resíduos conleva unha aprendizaxe práctica de utilidade na obtención de abonos e na identificación de tóxicos biolóxicos e químicos. A singularide do lugar posibilita ademáis unha aprendizaxe mediombiental básica que permita mellorar o seu aproveitamento.
4.3. Os paus a tocar neste proxecto son: Alimentos, Enerxías, Saúde Información e Formación.
Alimentos, a súa elaboración, transformación, procesado e comercialización.
Enerxías renovables e xestión de residuos.
Saúde entendida nun sentido amplio. En realidade, é o ámbito central do proxecto e non vai ser doado de artellar. Considera o enfoque multisectorial de Unha Saúde da OMS pero está tamén centrado no individuo, no séu estado de ánimo, benestar e progreso a nivel persoal.
Formación que posibilite a autonomía -capacitación-, independencia -económica- e solidaridade -traballando en común-, na que a Ciencia Cidadán, a Permacultura, o enfoque STEAM (ciencia, tecnoloxía, inxeniería, artes, matemáticas) séxannos familiares.
Para poder levar adiante o proxecto precisamos tamén saber algo de Economía e ter ferramentas que nos axuden a manexar a Información procedente dos distintos ámbitos.
Valores
Desenvolver un proxecto sostible basaeado nun modelo de triple balance, no que os custos e os beneficios económicos se axusten aos costes e beneficios sociais e ambientais, nun modelo productivo non competitivo seguindo a estratexia do océano azul e orientado a unha economía de alcance.
Referencias:
1 Hai un precedente que descoñecíamos cando nos embarcamos nesta aventura. Polo Real Decreto 1145/1997, do 11 de xullo, estableceuse unha Formación Profesional de Grao Medio “Técnico de Molinería e Industrias Cerealistas” que estivo vixente até a súa derogación no 2014, polo RD 832/2014, de 3 de outubro.
2 “Mestre do ferrado. Antes das escolas públicas, ensinaba a ler, escribir e o básico de aritmética, xeografía e puoco máis. Normalmente non cobraba en cartos. Por cada alumno recibía ½-1 ferrado de trigo ou de maínzo. Eran autodidactas, normalmente sin título académico; aprendera doutros escolantes e dos libros que lera”. (Luarces Pardo Narciso. Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos. Toxosoutos, Noia, 2013).
3 “Compostor era quen tiña a función de manter o muíño en perfecto estado para a moenda. Aparte de canteiro, era quen picaba as pedras, tamén entendía o necesario dos oficios de carpinteiro e ferreiro”, (Barros Justo Ramiro. Muiños de río nas terras de Pontevedra. Servicio de Publicacións Deputación Pontevedra, 2005).