Punto de partida:
Coidamos que a tecnoloxía LoRa é útil para seguir desenvolvendo a rurótica, no uso propio e coma rede aberta no rural.
A autonomía enerxética do Gateway con FV+baterías quedou confirmada na Hackathon de agosto do 2021 celebrada no lugar, organizada polo Laboratorio tecnolóxico cidadán A Industriosa, no que se contóu co apoio da AMTEGA.




O diferente grao de experiencia dos participantes compromete e dificulta o aproveitamento e éxito dos obradoiros
Obxectivos:
Desenvolver un proxecto de formación continuada, partindo dun nivel nulo de coñecementos.
Diste xeito poderiamos desenvolver:
Básico LoRa for Dummies, tamén aplicable en Centros Educativos
LoRa no Rural, monitorización do territorio, con máis peso na xeolocalización
Familiarización cos sensores ao uso e Investigación para desenvolvemento de biosensores,
Para isto, traballar exhaustivamente dous boards con LoRA, p.ex. TTGO V1 e t-beam, sen e con GPS até domellalos.
Instalación do SW
Programación
| UBICACIÓN* | LoRA/GPS | PLACA | SENSORES | PRIORIDADE | RETOS** |
| MUINHO | NON/NON | 686 | Tª HUMIDADE (X2) | 21.8.21 | 1. |
| RPM V. XERADOR | ATÉ 12.21 | ||||
| CEDRO SECO | NON/NON | 686 | Tª HUMIDADE PRESION LDR X2 V FV ANEMOM. DIY | 21.8.21 | 2. 3. |
| PARTICULAS | ATÉ 12.21 | 4. | |||
| ENTORNO | SI/NON | TTGO OU ¿? | CALIDADE AUGA | ATÉ 03.22 | 5. |
| NIVEL DO RIO | |||||
| PORTABEL | SI/SI | TTGO | COORDINADAS 3 MENSAXES | ATÉ 12.21 | 6. |
| SI/SI | TTGO | COORDINADAS | 7. | ||
| NON/NON | 686 | AMPMETER LUMINOSIDADE MSD | 8. |
* Ubicacións: No interior do muinho; No Cedro Seco, aprox. a 100m do muinho, é onde estará o Gateway; Entorno fai referencia ao entorno da leira e é ampliable ao curso do río/monte para testar alarmas de riadas ou lume; Portábeles
**Breve Descripción dos Retos/obxetivos:
1. Alarma de lume: Salto térmico en curto tempo. Aviso de xeadas para máis adiante.
2. LDR para poder correlacionar luminosidade coa tensión da FV.
Teño encargada unha placa FV de 25 W que poidera abondar para alimentar ao Gateway.
Os dous LDR serían útiles a hora de montar un orientador solar para a FV.
3. Para probas, pequeno anemómetro DIY con motorciño de avión e materiais reciclados. Supoño que non ha durar máis alá deste inverno. Pero podería servir coma material educativo.
(Ando a piques de encargar a estación meterolóxica Bresser 5en1 7002580. Preciso a vosa opinión ao respecto. Sobre todo a hora da incorporación das lecturas na Web propia).
Gradiant cedeúnos estación PCE-FWS 20E; facer lecturas vía RFM01 ou vía raspi lecturas con easywether…
4. algún sensor sinxelo para mellorar a alarma de lume e por ver se é posible con él medir a pegada de CO2 das queimas forestais.
5. Xa son palabras maiores. Reto tecnolóxico no eido da bioloxía que hai que ver de vagar.
6. Módulo con GPS e 3 botóns para avisos a determinados destinatarios (p.exemplo para un grupo de montañeiros: Fixemos cumio/Precisamos axuda/Iniciamos descenso). Exercicio interesante. O t-beam_001 da Industriosa estivo nos Pirineos emitindo do 1-10.8.21 cos montañeiros de Trevinca.
7. Unha curiosidade anarquista -a meirande parte deles foron topógrafos-. Cómo é de fiabel un tracker para medir parcelas con precisión?
8. Módulo sinxelo para testar e documentar sobre o terreo proxectos tipo picohidráulica, panémona, FVsó no TTN senón tamén na páxina Web
Compilar e cargar
Amosar en porto serial
Amosar en OLED
Instalar sensores
Comunicar WiFi
Comunicar LoRa
Comunicar Web propia
Queremos por en marcha a páxina web empezando coa recepción dos datos dos distintos sensores para presentalos, almacenalos e procesalos -históricos, comparativas entre distintas estación-
Bot Telegram
Almacenar datos
Analizar datos
Actuar cos datos
Mecanizado de carcasas
Referencias
Emisor y Receptor: How to get started with LoRa LPWAN using TTGO LoRa32 – Technology – PCBway
AEG-WEB:
Posta en marcha ESP32 TTGO: https://www.aeq-web.com/ttgo-esp32-lora-neo-6-gps-board-setup-serial-read/
LoRaWAN TTGO GPS Tracker: https://www.aeq-web.com/ttgo-lilygo-esp32-gps-tracker-lorawan-setup/
Die LoRa Payload: https://www.aeq-web.com/so-funktioniert-die-lora-payload-encoder-decoder-ttn/
LoRaWAN & TTN: https://www.aeq-web.com/lorawan-ttn-mit-heltec-esp32-lora-board-abp-mode/
Arduino & ESP32 bei TTN registrieren: https://www.aeq-web.com/arduino-esp32-ttgo-sensor-registrieren-bei-lorawan-ttn-abp-mode/
Vom TTN zur eigenen Webseite: https://www.aeq-web.com/lorawan-ttn-http-packet-transfer-webserver/
LHT65 mit LoRAWAN: https://www.aeq-web.com/dragino-lht65-setup-lora-wan-and-ttn-connect-abp-mode-lg02-gateway/
LilyGo GPS Tracker Source code: https://www.aeq-web.com/ttgo-lilygo-esp32-gps-lora-board-lmic-otta-source-code/
Arduino & ESP32 TTS Registrierung: https://www.aeq-web.com/esp32-arduino-otta-registration-the-things-stack/
LorAWAN GPS Tracker Webapp: https://www.aeq-web.com/lorawan-gps-tracker-the-things-stack-tts-application-server/ (hai zip lorawn gps map viewer)
AdC Territorio Interactivo. Cartografía
Punto de partida:
A Eurorrexión Galicia-Norde Portugal é un espacio xeográfico, biolóxico, cultural e económico singular, que ten máis semellanzas que diferenzas.
A exploración dixital do territorio é posible pero está fragmentada e, en boa medida, en máns das sacrosantas plataformas ao uso.
Obxectivos:
Facilitar a exploración e o aproveitamento das distintas capas -xeografía, bioloxía, etnografía, cultura, arte, social, economía, lúdica- do territorio.
Tarefa:
Elaborar o Mapa dixital da Eurorrexión Galicia-Norde Portugal en aberto
Facilitar o desenvolvemento de solucións aplicables para os circuitos de comercio, estudo de riscos mediomedioambientais, aspectos biolóxicos, temas etnográficos, históricos, artísticos e culturais.
Tamén en xogos temáticos con orientación histórica, ficticia ou de crítica social. (Hai contidos dabondo coma para mellorar un GTLA e facelos con máis chencha que o Pokemon Go).
Referencias
AdC Audiovisual
Punto de partida:
As videochamadas disque nos salvaron nos máis duros tempos da pandemia
A domótica ten a ventaxe de que vai a 220V AC pero a exploración do mundo vai pouco máis alá do estudo do mofo das paredes.
Obxectivos:
Mellorar a “experiencia sensorial” na comunicación interpersonal
Traballar ferramentas sinxelas para aprehender o mundo e aprender del
Tarefas:
Holograma de peto
Módulo sinxelo para rexistro visual e seguimiento de biotopos e depredadores (xabaríns, velutinas).
Módulo sinxelo para rexistro acústico da contorna (audioteca paxaros)
AdC ConSentidos
Punto de partida:
Marco do proxecto máis amplio a desenvolver