Categorías
Uncategorized

Non foi sen tempo

Certamente, non foi sen tempo. Levábamos varios anos tentando xuntarvos no noso lugar para coñecernos, compartir, aprender e planificar para o futuro, que hai moito que facer.

Xuntámonos tres xeracións de muiñeiros. Parece que de determinados oficios un non se xubila nunca nin perde a coraxe. Respecto!

O encontro pretendeu ser o comenzo dunha nova andaina polo Universo da Muiñeiría.

Programa

12h Acollida e vermú muiñeiro no Muíño de Arnoso

O tempo axudou para o vermú e as empanadas

13:30h Xantar no Local da Asociación Cotarel

O noso agradecemento a quen nos trouxo o año, a Jose por darlle albergue un tempo, a Eusebio polo apoio loxístico, en especial a Constante pola marabillosa preparación, a Manuel polo enfornado e a Belén e Ramón pola súa amable acollida.

Desfrutamos do cordeiro do Courel facilitado por Roi Estévez.

15h As Roldas do Muíño. 1ª Sesión: Pola de agora á 0 rpm

Sabemos algo do pasado e do presente, mais, ¿que lle queremos de futuro ós muíños?

A memoria recente da recuperación dos muíños galegos abrangue os derradeiros 40 anos e pódese dividir en dúas etapas.

Na primeira, en numerosos lugares, veciños e asociacións foron quen de, dende unha morea de pedras reconstruir as edificacións, facer de novo os mecanismos e resucitar os muíños.

Nunha segunda etapa, con máis directrices e supervisión que axuda das administracións, tratábase da “posta en valor” de tales  edificacións e a súa simboloxía.

O mundo ten ido cambiando tanto nestas décadas que o modelo turístico-furanchista imperante xa non abonda e pode que teña os días contados.

Propostas e tarefas para próximas actividades conxuntas

Coma sempre ocorre, porque ten que ser así nas primeiras veces, saímos con máis preguntas que respostas, pero con ganas de seguir camiñando xuntos.

Unha tarefa inicial e fundamental é artellar un espazo común de comunicación no que compartir as distintas actividades dos muiñeiros e das asociacións.

Compostores deliberando https://youtube.com/shorts/KDwHb4gZN1M

Non deu para videoconferencia cos que que non poideron vir.

Quen queira ir compartindo materais, propostas xa o pode ir facendo. Estamos a preparar espazo para albergar o Fondo Documental. Agradezo se podedes seguir achegando algunha foto ou documentación sobre os vosos lugares e inquedanzas en Deixa unha Resposta óu algodeceres@algodeceres.com.

Non esquecer as próximas Roldas, ¿quen quere colaborar?

Participantes

Nemesio Carballido

La Molinera

Amosando o muíño

O Couso Guláns

Pepe e Miguel Seoane

Muíño da Bechiña

San Lourenzo de Arnoso

Manuel Boubeta

RESTAURACION DO MUIÑO DE FAUSTO – COIRO – CANGAS DO MORRAZO

Xoan Chillón Iglesias, un algo de historia: Muíño de Fausto e Cacarexo

ANTECEDENTES

            Se reparamos na historia dos Muiños de Coiro, estudiada polo investigador Lauro Pedreira , xa existen documentos que datan do ano 1.586. A existencia de muiños na nosa parroquia viña dada porque as circunstancias xeográficas así o facilitaba arredor de dúas pequenas cuncas hidrográficas moi ben aproveitadas. Os ríos Bouzós e Saiñas, constituían unha base axeitada para que se desenvolvesen os muiños. Na  comarca do Morrazo contamos cun documento de Domaio, ano 1.614 onde fala do cultivo do millo. Un século máis tarde, no coñecido Catastro de Marqués de Ensenada, datado en 1.752, contabilizabanse xa 32 muiños en Coiro, construccións todas sinxelas, de reducio horizontal e de 1 ou 2 rodas “negreiras”, agás un no lugar de Reboredo que tiña 3 rodas.

Os máis de corenta muiños cos que contaba a parroquia sobre 1950 comezaron a desaparecer. Varias causas influiron neste decaemento actual. Como ben comenta a tamén investigadora local, Maribel Barreiro, o cambio na alimentación do pan de millo a prol do pan de trigo; a disminución da cabana gandeira, consumidora tamén en parte destas fariñas ( de 200 cabezas censadas hai 30 anos a menos de 10 na actualidade); o cambio de sistema de vida, abandono do campo a prol da industria e servizos, e, por último, a introducción de muiños eléctricos, contribuiron decisivamente á situación de hoxendía.

PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO MUIÑO DE FAUSTO

                 O fin didáctico é o eixo fundamental  desta iniciativa. Pretendíamos que o proxecto de restauración dun exemplo da arquitectura popular máis representativa da parroquia fose para toda a comunidade veciñal e escolar un fermoso espello de defensa e recuperación do patrimonio histórico-cultural, de dignificación dos valores do seu medio. E así, a principos do ano 1989, Profesorado do centro de Castrillón, ANPA, Xunta de Montes Veciñais, sensibilizados por este pensamento, estudiaron conxuntamente as posibilidades de restaurar un muiño. A proximidade e accesibilidade ó centro escolar, o estado da construcción, a boa disposición dos propietarias/os, foron factores que se tiveron en conta á hora de tomar unha decisión. O muiño a restaurar está localizado entre os barrios de A Rosada e de A Devesa. A configuración é relevante co entorno e comunica a través dun camiño coa Fonte das Ameneiras. O seu nome popular é “de Fausto”, tamén de A Rosada, construido aproximadamente cara 1.890, denomeación que recibe do seu homónimo, propietario usufructuario no seu tempo. Aquela ilusión plasmábase no Proxecto de Restauración. Aspectos como o inicio dun Catálogo Histórico-Artístico de ámbito parroquial; a creación dun Museo do Muiño onde se recollerían utensilios e instrumentos relacionados con esta forma tradicional ( prendas, medidas,..), o arquivo, inventario e catalogación destas construccións, un panel didáctico do seu funcionamento, arquivo fotográfico, literatura oral e musical,..e o amor á natureza. Os valores medioambientais deberían estar presentes na conservación e acondicionamento do entorno, lavadoiro, e o propio curso do río.

                A partir deste momento realízase un Informe Técnico, co asesoramento e a supervisión dun arquitecto titulado e veciño colaborador da parroquia. As obras de acondicionamento e demoición, cantería, carpintería de taller e armar, cuberta, elementos mecánicos do muiño, ascenden no seu presuposto de execución material a 652.000 ptas.

Co fin de financiar as obras xestionase a concesión de axuda económica á Xunta de Galiza – Dirección Xeral de Patrimonio Histórico-Artístico – que aporta a cantidade de 200.000 ptas no mes de outubro do mesmo ano 1989. Un mes máis tarde, paralelamente á xestión anterior, a Xunta de Montes en Man Común da parroquia contribúe a facer realidade esta ilusión, sufragando a diferencia ata o custe total.

CONSTITUCIÓN DO CONSELLO PADROADO “MUIÑO DE FAUSTO”

               Existen máis dunha ducia de veciñas/os vinculados á propiedade, acadándose un Acordo entre todas as partes no mes de xuño dese mesmo ano. Asemade, para que esta recuperación tivese o maior futuro, debíase  implicar  a todos neste proxecto, xurdindo a idea da constitución dun ente que integrase a todos. O 2 de agosto de 1990 constitúese o Consello Padroado “Muiño de Fausto”. Ao longo destes máis de 18 anos de funcionamento téñense modificado aspectos así como incorporado novas persoas. En crónica das xestións realizadas reseñemos as realizadas para liquidar o final de obra, adquisición de novos terreos na área de influencia, a organización de xornadas culturais e festexos, elaboración de fichas de actividades e paneis didácticos, recollida de literatura oral, promoción de visitas a particulares, colectivos e centros educativos, proxectos da Rota dos Muiños, edición da revista informativa, obras de mellora e acondicionamento do interior do muiño e o seu entorno, filmación e proxección de videos didácticos, exposicións fotos, etc.

FESTA DO MUIÑO. XORNADAS CULTURAIS

                Coa finalidade de salientar a construcción restaurada, proponse a celebración dunhas Xornadas festivo-culturais arredor do primeiro domingo do mes de maio de 1990. Coa ilusión primeiriza de todas as persoas implicadas no mesmo, os días 1,2,3 e 4 de maio dese ano celébranse as I Xornadas Culturais Muiño de Fausto. Unha festa singular, como ten calificado o investigador local Xerardo Dasairas, “singular esta celebración por ser das poucas que, prescindindo da advocación relixiosa, ten a unha figura laica como eixo conmemorativo. Incluso o gastronómico, tan de moda hoxendía, aparece tan só como elemento complementario nesta exaltación dunha máis senlleiras construccións..”. Ó longo deste tempo, o primeiro fin de semana de maio, de 1990 ata hoxe, é xa un referente no calendario festivo de toda a comarca e área de influencia. 

EDICIÓN DA REVISTA CACAREXO

                   Debíamos dar un paso máis. Alá polo ano 1.992, un novo proxecto faise realidade: a edición dunha revista – boletín informativo sobre o mundo dos muiños. Imos transcribir parte daquela primeira editorial: “… Nesta primavera que demanda o tan necesario líquido elemento, nace “Cacarexo”. Cacarexo, tarabelo, vara, tenxedoiro, tráquea, tangaño, .. é, como ben sabedes, ese pau que toca na mó producindo unha vibración que fai trequelear o caixón no que está o grao que se vai a moer, que fai beilar o grao por se queda parado no adellón, o sinxelo instrumento que interpreta a melodía do muiño. Cacarexo pretende ser esta peza necesaria de sensibilización de amor ó entorno e á arquitectura popular, esa fonte de ilusións e esforzos co fin de recuperar esa antiga forma tradicional de uso, esa batuta musical que nos compromete, ano tras ano, a seguir impulsando todo o que forma parte desa ponte histórica-cultural entre o pasado e o futuro. Con Cacarexo tentamos moer cada primavera un proxecto informativo e de investigación, aberto a todo tipo de colaboración. Escoller todo tipo de fariña en relación ó mundo dos muiños é o noso obxectivo. Muiños de Coiro, do concello, da comarca, do país, historia e presente, literatura oral, música, folclore, recetarios, conformarán os pratos de cada menú anual….”. Con algunha paréntese por diferentes causas, seis números desta Revista Boletín sobre o mundo dos muiños, xa teñen visto a lus para satisfacción de todos. Colaboradoras/es desenvolveron os seus coñecementos, estudios e investigacións nas mesmas. Todos os muiños do concello estiveron presentes nas súas páxinas, o pregón de cada edición da festa, esquemas e debuxos técnicos, apuntes da historia, teñen contribuido a esta sensibilización.

Muíño de Fausto

Coiro

Alberto Romero “Romer”

Alberto Romero, Romer. Nacín en Randufe de Tui no barrio do Lugariño no ano 1948, na actualidade vivo na mesma parroquia en Chan da Ferreira. Gustoume sempre ir ao muíño. O meu avó tiña moitas terras para traballar e moito gando que había que darlle de comer, tendo que ir moer unha ou dúas veces á semana. Cando saía da escola en non poucas ocasións ía co compostor para axudar no arranxo do muíño. Gustoume sempre estar a carón do muíño. No ano 1999 decidín arranxar dous muíños no Río Tripes (Tui) que estaban en moi mal estado. No ano 2007 formei a Asociación Muiñeiros do Río Tripes e xa arranxamos máis muíños. En total, neste río hai 42. Na actualidade xa non presido a referida asociación, pero de cando en vez fago algunha andaina pasando polos muíños e subindo ata o alto do Aloia. Algunha muiñada tamén fago se hai auga suficiente. Gústanme tamén as muiñadas nocturnas, facer o serán, lembrar vellos contos e crenzas como as dos trasnos, o estudo da toponimia, dos vellos camiños coas súas rilleiras, das covas. Desde 2016 son socio do Clube Espeleolóxico Maúxo. No ano 2022 o concello do meu pobo deume o Premio Cidade de Tui.

Fago escultura en pedra e madeira. Toco a gaita e fago poesía. Constrúo pequenos muíños de man onde os nenos desfrutan moito. Teño escrito e editado tres libros –Dende o Monte Aloia, 2002. Aloianos, 2018. Randufe de Tui, 2025- nos que trato sobre diversos temas, pero nunca falta algo escrito sobre os muíños porque desde que se rompe a pedra no monte ata que se pon a moa a facer fariña, hai moito que contar.

Muíño no Tripes

Luis Albés

O moinho da Brasileira forma parte dos moinhos do Rio de Cerdal, tamén chamado Rio da Mira, Rio Tinto ou (século XIII) Rio Torto. Este rio nace na encosta occidental da Serra de São Lourenço nas fontes por riba do Convento de Mosteiró, xa na parroquia de Tãiao, e nas fontes do Monte da Groba ou da Gróvea, que dicían antes. Logo de xuntarse os nacentes, o rio atravesa o lugar de Bade. En todo o rio, xa no 1758, contábanse 40 moinhos.

O moinho está entre os tres últimos depois das casas, xa perto do lugar de Mira. Estes tres Moinhos son alimentados por unha longa levada que colle água do mencionado rio que baixa de Mosteiró e están inmediatos aos Campos do Galhardo, topónimo xa usado no século XVI. Hai quen afirma que esa levada foi planificada e construida por mandato dos frades dese convento fundado a finais so século XIV e varias veces reformado até a súa venta en pública subasta en 1834.

Nas últimas décadas de actividade o Moinho da Brasileira, aparte de moer, tamén producía electricidade mediante dinamo. Foi reformado estructuralmente en 2024, (pedra, madeira, tellas) e agora na espera de artellar o mecanismo musical da moenda.

Moinho da Brasileira

Portugal, Cerdal

Marcos Alonso

Marcos Alonso Rodrigues, veciño da freguesía de Matamá (Vigo), é membro fundador da Asociación Colectivo Cultural Alternativo Malaherba. No ano 2006 iniciou, xunto con outros veciños, a teima de recuperar o muíño da Regueira, situado en Matamá, que quedara completamente sepultado tras as obras do vial de acceso sur á Zona Franca. Grazas a este labor, en 2011 o muíño volveu moer despois de setenta anos de silencio.

Muíño da Regueira

Matamá

No 2020 asumiu un novo reto: restaurar outro muíño, desta volta da súa propiedade. Trátase do muíño da Tomadiña do Cercado, construído no ano 1565 e localizado en Matamá, ao pé dunha fermosa fervenza. O resultado do seu traballo viu a luz en 2021, cando o muíño regresou á vida e volveu cumprir a súa función.

Muíño da Tomadiña do Cercado

Matamá

Alén do seu labor de recuperación patrimonial, Marcos Alonso é coautor de dous libros sobre a historia de Matamá e organiza, dende o ano 2012, dúas celebracións que xa se converteron en tradición na parroquia: a Festa da Sementeira do Millo e a Festa da Recolleita.

Presentación do libro Matamá unha ollada ao pasado o 17 de maio de 2022 no Auditorio da Sociedade Atlántida no YouTube

Carlos Chan de Brito

Carlos Gómes Costas, de Chandebrito. Directivo da Asociación Chandebrito 1807. Promoveu a recuperacion e funcionamento do muiño dos Matos e da súa contorna, a reconstrución do muíño das Loureiras, o proxecto de restauración do de Rodas, e o mantemento do muíño das Chans, todos eles en Chandebrito, Nigrán. Ademais, redactou un artigo sobre os once muíños desta parroquia, publicado polo IEM: Revista de Estudos Miñoranos 4, 2004, 63-69

Campio de Valadares

Campio Salgueiro Estévez, de Valadares. Presidente da Asociación de amigos do camiño a Santiago sen asfalto. Participou activamente na restauración e posta en funcionamento dos muíños dos Matos (Chandebrito ), do Vento (Zamáns), da Senra (Valadares), entre outros.

Muíño do Vento no Facebook: https://www.facebook.com/photo.php?fbid=9809013175811615&id=100001090906748&set=gm.1014041380243686

Muíño do Vento

Zamáns

O Muíño da Senra no Facebook: https://www.facebook.com/permalink.php/?story_fbid=1628570224090837&id=100057474489251

Valadares

Muíño dos Matos

Chan de Brito

Segunda festa do Muiño dos Matos: https://chandebrito1807.blogspot.com/2016/11/segunda-festa-do-muino-dos-matos.html

Valadares

José de Beade

Xosé Manuel Docampo, de Beade. Participou activamente na restauración e posta en funcionamento do Muíño da Cova (Beade, Vigo)

Beade

Germán Berto

Germán Berto, de Sárdoma. Participou activamente na restauración do Muíño do Burro (Bembrive, Vigo).

Sárdoma

Pepe Carvalho

Corría o ano 1984; na Galiza e no noso concello, Cotobade, fervían as ansias de pór en valor a nosa cultura, o noso patrimonio material e inmaterial, as nosas tradicións… E posto que nos atopamos ante unha bisbarra rural, todo o seu potencial etnográfico, de costumes ancestrais e cunha paisaxe e xeitos de vivir naturais e en común-unión coa natureza, fan deste territorio un magnífico exemplo a divulgar.
Pero, a pesares disto, esta realidade permanecía escondida. Non tiña excesivo interese para os medios de comunicación do país.

Velaquí fragmentos de Muíños azuis, gravación facilitada por Pepe Carvalho, reconstrucción e mecanismos, marabillosa testimuña dos tempos nos que moitos muíños aínda eran infelices e indocumentados.


Os políticos e as institucións non reparaban na necesidade de manter e conservar tamén estas mostras patrimoniais, mantidas polos nosos antergos ata facía pouco tempo.
A vida na aldea tamén estaba mudando. O asociacionismo tivo un grande pulo nestes anos: asociacións de veciños, de montes en man común, culturais (gaiteiros, bandas de música, grupos de baile tradicional, de teatro…), reivindicativas…
Asociacións ecoloxistas, naturalistas, de conservación do patrimonio, de exaltación da nosa cultura e das nosas tradicións comezaban a ter resonancia na sociedade civil. Non tanto na política, na prensa ou na Galicia oficialista.
Os medios de comunicación seguían a ver estas manifestacións como algo folclórico, sentimental, pero non como unha aspiración lexítima dunha sociedade moderna que quere recuperar o seu pasado, as súas tradicións e os seus espazos naturais.
Neste contexto nace o colectivo Amigos dos Muíños.

Amigos dos Muíños: https://amigosdosmuinhos.collectanea.org/

Moinho do Cura, Sam Jorge de Sacos, Cotobade

Ramiro Barros

Especial agradecemento a Ramiro, co seu libro sobre os muíños de río nas terras de Pontevedra foi a nosa guía a distancia na recuperación do Muíño de Arnoso e transmisor do verme da muiñoloxía.

Muíños de Río das terras de Pontevedra

Ramiro testifica dende onde o mundo chámase Cotobade e quere compartir a súa obra.

Moinhos e outros engenhos hidraulicos Terra de Cotobade

A Bichería Terra de Cotobade 5

Cotobade

Xavier Groba

Xavier Groba (Vigo, 1968) secretario do Clube Espeleolóxico Maúxo. Profesor e investigador de varios temas relacionados co patrimonio inmaterial e material. Entre eles, o tema dos muíños ten sido, certamente, moi secundario, apenas cando se tivo que reivindicar a súa existencia nalgún dos traballos maúxos realizados sobre a Historia de Chandebrito (1996), As covas do Folón (2004) ou nas vitoriosas alegacións ao PXOM de Vigo do ano 2008 etc. Desde 2016, no Clube contamos con Romer, o que nos ten feito interesar moito máis sobre muíños e muiñadas. O que si ten sido un vello obxecto de estudo, divulgación e defensa maúxa, son os Muíños Rupestres. Primeiro tipo de equipos de moenda do país que se caracterizan por localizarse en soportes fixos, non móbiles, nas rochas ao aire libre, moitas veces asociados con petróglifos prehistóricos.

Para máis información podedes entrar na páxina do noso socio Ángel de Prado que leva por nome Petroglifos do Maúxo e no apartado de teoría abrir https://petroglifosdomauxo.com/teoria/ para poder ler o artigo asinado polo tamén maúxo José Bernardino Costas Goberna onde, entre outros temas, trata destes muíños. Na mesma páxina tamén tedes acceso a un video sobre estes artefactos de moenda prehistóricos https://www.youtube.com/watch?v=f-1WQb_y3eI&t=10s E para quen desexe máis información consúltese o publicado polo noso maúxo arqueólogo, Eduardo Méndez-Quintas, en coautoría con Xurxo Pereira e Mª Pilar Prieto, nunha actualizada ollada a estes “equipos de molienda rupestres” https://doi.org/10.12795/spal.2022.i31.05 aínda pouco estudados porque non fai tantas décadas que comezaron a ser recoñecidos por investigadores entre os que cómpre lembrar a Julio Fernández Pintos, Xoán Martínez Tamuxe, Cándido Verde, Xosé Álvarez “O Buraco” ou Xosé Lois Vilar.

O Maúxo

Xabier Lores

Dos Amigos dos Muíños á Asociación Galega de Amigos dos Muíños

(…) “Amigos dos Muíños” reclama, e loita por conseguilo, que todalas aldeas de Galicia conten, polo menos, cun muiño restaurado que sexa expoñente significativo dunha particular cultura popular, e segue traballando arreo para que este proxecto, asimilado xa pola sociedade rural, sexa asumido polos entes públicos para que Galicia siga ofertando esa alternativa turística que como verxel natural lle corresponde.

A Asociación Galega de Etnografía e Muiñoloxía “Amigos dos Muíños” nace en novembro 1995 trala conclusión das “I Jornadas Nacionales sobre Molinología”, Santiago de Compostela, organizadas pola Fundación Juanelo Turriano en colaboración co Seminario de Sargadelos e o Museo do Pobo Galego.

A Asociación Galega Amigos dos Muiños constituise formalmente no Museo do Pobo Galego o día 27 de Decembro de 1995 coa finalidade do estudio e divulgación da cultura popular en torno ós muiños e a restauración e conservación dos mesmos.

A partires de 1997, coa inicial en Allariz, realizáronse periódicamente Xornadas Temáticas en distintas localizacións. Salientar as de novembro 2005 en Tui, sobre Os Muíños nos Camiños de Santiago e, igoalmente en Tui no 2012, a Xornada en formato VIII Congreso Internacional de Molinología, Actas 8º Congreso Internacional de Molinología – Tui 2012

Perante varios anos fíxose un esforzo de documentación dixital, consignando máis de 2500 muíños galegos.

Dezasete arquivadores que recollen as actividades da Asociación repousan plácidamente no Museo de Ponteareas, agardando estudo.

ASGAMUI

Arbo

Barbara e Carlos Fernández

Muíño construido probablemente a mediados do século XIX, só dende o 1933 témoslle pista documental. Orixinalmente tiña tres móas, algo un tanto sorprendente para un muíño de levada con caída <1m nun río de modesto caudal. Dende principios do século XX funcionaba só con dúas, actualmente consérvase unha móa. Logo de décadas parado, no 2017 volveu a moer. Picón non nos abonda. O desafío agora é afinalo e aprender para obter fariñas sabrosas.

Resumo ano 2022

Muíño de Arnoso

San Lourenzo de Arnoso

Neste día non nos poideron acompañar Eva, Jorge, Antonio e Roi

Eva Pérez Carballo e Alfonso

Antiguo muíño na beira do Río Pesqueiras, chamado Muíño da Ponte, un dos dóus fariñeiros da localidade.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é muino-de-pesqueiras_img713244t0.jpg

Muíño de Pesqueiras

O Saviñao

Jorge Costas Solha

Muíño do Regueiro

Chan de Brito

Antonio Araúxo

Muíño de herdeiros que sigue funcionando e moendo millo dende hai mías de 200 anos.

Muíño de Quintas

Toucido, Gondomar

Roi Estévez

O muíño toma as súas augas do río Selmo, que nace na Serra do Courel e desemboca no Sil en territorio do Bierzo

Muíño de Vieiros

O Courel

Próximas Roldas

  • Xuntanza de Paxareiros
  • Xuntanza de Pescadores
  • Xuntanza de Retratistas
  • Xuntanza de Músicos
  • Xuntanza de Panadeiros

Aparte de

  • Límpame a levada: Xornada de explotación colaborativa
  • De novo moendo
  • Adobando Sendeiros
  • Punto de intercambio de libros no rural

Proposta CIMA

CIMAflyer

Os tres alicerces: Patrimonial, Medioambental e Agroalimentario

Almaneque 2025

Categorías
Sin categorizar

Cartografía

El Geógrafo Johannes Vermeer, Städel Institut


Abeancos
https://www.abeancos.gal
Alex Acosta aplicativo geolocalización para CC
https://repositori.upf.edu/handle/10230/48537 0
Apps geolocalización y CC
https://ibercivis.es/articulo-heraldo-mapas/ 0
Arcgis coordenadas
https://desktop.arcgis.com/es/arcmap/latest/tools/data-management-toolbox/convert-coordinate-notati 0
ArcGis Ríos España
https://www.arcgis.com/apps/View/index.html?appid=27edd2e6213c4ab6832e5e338cb33a6b
Atlas España Tóxica
https://www.xataka.com/magnet/asi-es-el-atlas-de-la-espana-toxica-la-geografia-de-la-contaminacion-en-
Automatizar QGIS
https://www.youtube.com/watch?v=rt6VxpIocA4 0
bboxSendas
file:///C:/Users/USER/OneDrive/Documentos/bboxSendas.html 0
Betttermaps SL Asturies
https://www.bettermaps.ai/
Blog UNIGIS
https://www.unigis.es/blog/ 0
Boldest

https://www.boldest.io/es/ 0
Campo magnético terrestre
https://es.wikipedia.org/wiki/Campo_magn%C3%A9tico_terrestre 0
Cartografía de ciencia ciudadana en medio ambiente
https://www.gisandbeers.com/cartografia-de-ciencia-ciudadana-datos-abiertos/ 0
Cartografía Digital
ok
https://www.cartografiadigital.es/
Cartografía esterotipos
https://www.xataka.com/magnet/naciones-mundo-sus-estereotipos-vistos-japon-este-alucinante-mapa-1
Cartografía Y SIG
ok
https://www.mapa.gob.es/en/cartografia-y-sig/
Cartografiadigital
https://www.cartografiadigital.es/2013/10/waypoint-track-y-ruta.html 0
Centro de Mapas David Rumsey
https://www.infobae.com/tecno/2023/09/07/como-encontrar-mas-125000-mapas-antiguos-de-todo-el-m
Centro Descargas Instituto Geográfico Nacional
https://centrodedescargas.cnig.es/CentroDescargas/buscadorCatalogo.do?codFamilia=02122 0
CitMapp IberCivis
https://mapcolabora.org/project/citmapp/ 0
Conversor coordenadas Apsalin
https://www.apsalin.com/utm-to-geodetic-on-ellipsoid/ 0
Conversor coordenadas DSDO gica
https://utm0.gica0.com/

Conversor coordenadas Padeepro
https://www.padeepro.com/converterutm.html
Conversor de coordenadas
https://coordinates-converter.com/es/decimal/49.478401,11.123618?karte=OpenStreetMap&zoom=8 0
Corine Land Cover España
https://datos.gob.es/es/catalogo/e00125901-spaignclc2018
Curvas isógonas
https://pubs.usgs.gov/sim/2007/2964/downloads/PDF/2964-1.pdf 0
Declinación magnética
https://www.magnetic-declination.com/ 0
Direcao Geral do Territorio
https://www.dgterritorio.gov.pt/ 0
esri
https://www.esri.com/en-us/home
FdV Gemelo Digital Xunta Galicia
https://www.farodevigo.es/empresas-en-vigo/2023/07/19/gemelo-digital-galicia-sistema-clave-90032231.
Forest GIS Portugal
https://forest-gis.com/shapefiles-de-portugal/ 0
Franz con z
https://franzpc.com/
GEMET INSPIRE
https://www.eionet.europa.eu/gemet/en/inspire-themes/ 0
GeoArpad Interreg España Portugal
https://www.geoarpad.eu/es/presentado-el-mapa-de-limites-administrativos-de-la-eurorregion-galicia-no 0
Geoportal IDEE
https://www.idee.es/
Gidahatari gestión sostenible agua GIS
https://gidahatari.com/ih-es/como-anadir-un-mapa-base-topografico-en-qgis-tutorial 0
GIS Web
http://mappinggis.com/2014/08/crear-web-gis-en-un-servidor/ 0
Gis&Beers Geocodificación
http://www.gisandbeers.com/geocoding-coordenadas-y-aplicacion-gps-con-utm-geo-map/
gvsig
http://www.gvsig.org/es/web/guest/inicio
Harvard Mapping Past Societies
https://harvard-cga.maps.arcgis.com/apps/webappviewer/index.html?id=9e7b4e361f5940d5bd399ec6c2c 0
Historia de la Astronomía
https://es.wikipedia.org/wiki/Historia_de_la_astronom%C3%Ada 0
Historia de la brújula
https://es.wikipedia.org/wiki/Br%C3%Bajula 0
Hojas MTN25
https://info.igme.es/cartografiadigital/otra/bcn25.aspx 0
IDS_
https://www.idstopografia.com/5-ejemplos-de-ciencia-ciudadana-y-sistemas-de-informacion-geografica/
IGN
https://www.ign.fr/

IGN calculadora geodésica
https://www.ign.es/web/calculadora-geodesica
Internet mapa cables submarinos
https://www.xataka.com/otros/asi-es-el-mapa-de-todos-los-cables-submarinos-que-le-dan-forma-a-intern
Inventarios Nacionales
https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/estadisticas/inventarios_nacionales.html
La Mapoteca
0
Longitud ríos comparativa
https://www.xataka.com/magnet/longitud-rios-largos-planeta-comparada-esta-fantastica-ilustracion-1817
Makers Portal
https://makersportal.com/blog/tag/Map
Mapa 202 con icos
file:///C:/Users/USER/OneDrive/Documentos/map202.html 0
Mapa AdC Partners
file:///C:/Users/USER/OneDrive/Documentos/AdCPartners.html 0
Mapa base Austria
https://basemap.at/en/ 0
Mapa base Proxecto
file://C:/Users/USER/AppData/Local/Temp/qgis2web/qgis2web_2024_07_07-13_05_53_490610/index.ht 0
Mapa Base Proxecto con URL
Mapa Base para poder subir a FTP/html
file://C:/Users/USER/AppData/Local/Temp/qgis2web/qgis2web_2024_07_10-19_19_58_458514/index.ht 0
Mapa de puntos en R
https://michaelminn.net/tutorials/r-csv-point-map/index.html 0
Mapa Distribución Biodiversidad España
https://www.gisandbeers.com/mapa-de-distribucion-de-la-biodiversidad-en-espana/
Mapa Goldberg y Gott
https://www.huffingtonpost.es/tecnologia/crean-mapamundi-forma-sorprendente-mas-precisa.html
mapa muíños
file://C:/Users/USER/AppData/Local/Temp/qgis2web/qgis2web_2024_07_06-09_19_44_724500/index.ht 0
Mapas Instituto Geológico y Minero
https://mapas.igme.es/Servicios/default.aspx 0
Mapas Vici
https://www.larazon.es/tecnologia/google-maps-arqueologico-antiguedad-clasica-edad-media_20230907
Mapea visor QGIS Andalucía
https://sigdeletras.com/2018/QGIS2Mapea4-plugin-qgis-para-crear-visores-web-con-datos-de-andalucia/ 0
Mapping GIS Globalclimatemonitor
ok
https://mappinggis.com/2015/05/global-climate-monitor-descarga-de-datos-climaticos/
MappingGIS
https://mappinggis.com/cursos/r-y-sig-usa-r-como-un-sig/
MappingGis QGIS
https://mappinggis.com/2015/01/trucos-de-qgis-que-quiza-no-conocias/ 0
Omnies viae
https://www.omnesviae.org/ 0
Open Greenmap
ok
https://www.opengreenmap.org/home

Open Source Geospatial Foundation
ok
https://www.osgeo.org/
Orbis Univ Standford Millarium Aureum
https://www.elconfidencial.com/tecnologia/2024-08-08/google-maps-imperio-romano-1qrt_3938697/ 0
Organic Maps
https://www.elespanol.com/elandroidelibre/aplicaciones/20230909/adios-google-maps-wikiloc-organic-a
Orientación por medios naturales
https://elgranitodearenadeishtar.wordpress.com/2011/09/28/orientacion-por-medios-naturales/ 0
Oruxmaps
ok
https://www.oruxmaps.com/cs/es/
Parcela 73 Arnoso Catastro
ref catastral propia
https://www1.sedecatastro.gob.es/Cartografia/mapa.aspx?refcat=36042A04600273&from=OVCBusqueda 0
Perfil topo Saleta
https://youtu.be/DfQAvsFeIDg?si=35ZvjoLEUQxAU0jH 0
ProbeGPS
file:///C:/Users/USER/OneDrive/Documentos/probeGPS.html 0
QField App
https://mappinggis.com/2019/04/qfield-qgis-para-dispositivos-moviles/ 0
QGIS
https://www.qgis.org/es/site/
QGIS 2Web
https://www.youtube.com/watch?v=bLdczWH4TKQ 0
QGIS 2Web mapeado

https://www.qgistutorials.com/es/docs/3/web_mapping_with_qgis2web.html 0
QGIS coord
https://www.youtube.com/watch?v=A3f8IMPxrwU 0
QGIS ES
https://www.qgis.es/
QGIS full motion video
https://plugins.qgis.org/plugins/QGIS_FMV/ 0
QGIS uso
https://www.google.com/search?client=firefox-b-d&q=incorporar+geometrias+qgis 0
QGIS y OSM
https://mappinggis.com/2020/02/como-descargar-datos-de-openstreetmap-con-qgis/ 0
R Pubs Mapas de España
https://rpubs.com/albtorval/595824 0
Refuxios Europa
https://www.refuges.info/gps/index.php 0
Roteiro0
file://C:/Users/USER/AppData/Local/Temp/qgis2web/qgis2web_2024_06_19-11_52_26_550029/index.ht 0
Roterio das Minas e Pontos de interés Geológico Portugal
https://roteirodasminas.dgeg.gov.pt/es/lista-de-pontos/geositio-discontinuidades-de-conrad-y-moho-em-l 0
Senda Local probas con logo
http://localhost:11551/session/viewhtml202018ec4aca/index.html 0
Senda Local Tea Couso
file:///C:/Users/USER/OneDrive/Documentos/0_Kartographie/RuroticaMaps/Senda%20Local%20Tea%20C 0

Senda Local Tea-Couso puntos
file:///C:/Users/USER/OneDrive/Documentos/0_Kartographie/MIS%20MAPAS/Puntos%20SL%20Tea%20C 0
Sendas a testar
file:///C:/Users/USER/OneDrive/Documentos/Sendasatestar.html 0
sendeiro
file://C:/Users/USER/AppData/Local/Temp/qgis2web/qgis2web_2024_06_19-18_38_15_941476/index.ht 0
Sendeiro (en Downloads)
file:///C:/Users/USER/Downloads/qgis2web_2024_06_19-18_42_02_477687/index.html 0
sendeiro leaflet
file://C:/Users/USER/AppData/Local/Temp/qgis2web/qgis2web_2024_06_19-22_33_14_474557/index.ht 0
Sendeiros Ponteareas e Camiño (en Downloads)
file:///C:/Users/USER/Downloads/qgis2web_2024_06_17-22_33_02_924593/index.html 0
SensorSystems
https://sensorsandsystems.com/smarty-unveils-unmatched-qgis-geocoding-accuracy-with-release-of-geoc
Servidor mapas
https://qgiscloud.com/ 0
SIAS isor
https://siams2.chminosil.es/siams/
Sistema sexagesimal
https://www.youtube.com/playlist?list=PLeySRPnY35dHU4FfIln2fUIfIVXR16tP3 0
SNCZI-Inventario de Presas y Embalses
https://sig.mapama.gob.es/snczi/index.html?herramienta=DPHZI
SNIG Portugal datos geográficos descargas

https://snig.dgterritorio.gov.pt/rndg/srv/por/catalog.search 0
Sobre uso GPS
http://www.etorkultura.com/capitulos/11.pdf 0
Univ Politécnica Valencia Atlas QGIS
https://www.youtube.com/watch?v=89LEq6rnHEQ 0
Univ Politécnica Valencia modificar atributos QGIS
https://www.youtube.com/watch?v=CFFRpwnw4pw 0
Universidade Coimbra Alma Mater mapas
https://am.uc.pt/item/44957 0
Xunta descarga ficheros cartográficos
https://mapas.xunta.gal/es/mapas/informacion-geografica/centro-de-descargas 0
UTM a lat lon en R
https://stackoverflow.com/questions/67241189/converting-utm-coordinates-to-lat-long-in-r 0
Visor IGN
ok
https://www.ign.es/iberpix/visor/
Visor Plan Básico Autonómico
ok
http://mapas.xunta.gal/visores/pba/?locale=es
Visor Portugal SNIG
https://snig.dgterritorio.gov.pt/rndg/srv/por/catalog.search 0
Wikiloc
ok
https://es.wikiloc.com/
WMS Ministerio Agricultura Pesca Alimentación
https://www.mapa.gob.es/es/cartografia-y-sig/ide/directorio_datos_servicios/caracteristicas_wms.aspx 0

Xemelgo dixital Galicia
https://codigocero.com/Galicia-tera-un-xemelgo-dixital
Xeoode Lite Xunta de Galicia
https://www.esri.es/es-es/descubre-los-gis/casos-de-exito/seguridad-y-emergencias/xeocode-lite-xunta-c 0
ZGZ mapeado colaborativo CC
https://ciencia-ciudadana.es/mapeado-colaborativo/ 0

Categorías
Sin categorizar

CATÁLOGO PATRIMONIO XUNTA DE GALICIA 2020

Béns de Interés Cultural

Inventario Patrimonio Cultural

Categorías
Sin categorizar

Para “Las construcciones del ciclo del pan en la provincia de Pontevedra: hórreos, molinos, eiras, hornos.”

UNED Pontevedra – Aula Universitaria de Vigo
Del 3 de octubre de 2022 al 9 de enero de 2023
De 18:00 a 20:00 h

28.11.2022 12.12.2022

“Un soneto me manda hacer Violante/ en mi vida me he visto en tal aprieto/…”

Lope de Vega

Foi o que se mi viu á cabeza cando o profesor Chema Leal Bóveda dixome que tiña que contar “todo” o que sei sobre muiños.

… e sen contar cos antoxos da web. Desculpas

“Sé bien que lo que cuenta, lo importante es el decir, al fin, de modo escueto, un concepto, una flor, un sentimiento”.

Gerard Wildemann, amanuense da Dna. Violante de Pardo

Muiño de Arnoso, pasado, presente e futuro

O lugar, bañado polo Regato Xinzo, ou tamén Río Seco, afluente do Tea, tópase, preto da igrexa de San Lourenzo de Arnoso e a uns 5km de Ponteareas, no Condado Paradanta, provincia de Pontevedra.

O muiño en cuestión é o chamado Muiño de Arnoso

Un algo de historia

Aínda non conseguimos averiguar a data de construcción do muiño

Catastro de La Ensenada, Simancas, Madoz, Patrimonio (no CP 18 na actualidade)

Aprox. 1751, Catastro del Marqués de la Ensenada, parroquia de Arnoso, pág. 15:

“… Al capítulo diecisiete dijeron: que … no ay minas, …, ni otro artefacto alguno a la excepción de tres molinos arineros negros. Uno sito en donde llaman Bechiña pertenece a D. Manuel Antonio de Barros de Porriño, muele con agua corriente seis meses de los doce del año. Su producto se lo consideran en noventa reales. Otro en el sitio de Outeriño pertenece a Joseph Rodríguez, muele con agua corriente dos meses de los doce del año, su producto se lo consideran en sesenta reales de vellón. Otro en el sitio de Foliño, pertenece a Juan González, muele con agua corriente un mes de los doce del año, su producto se lo consideran en cincuenta reales y responden.”

No Catastro de la Ensenada de 1740, mencionanse en Arnoso os muiños de Bechiña, Outeriño e Foliño sen mencionar ningún muiño de Arnoso.

Tampouco o citan no Archivo General de Simancas de 1760.

No Diccionario de Pascual Madoz de 1845 sólo mencionanse muiños fariñeiros sen enumeralos.

A referencia más antigua que temos do muiño é unha copia dun testamento do 1913, cando o muiño xa soio funcionaba con dúas moas en vez das tres orixinaies.

Tipoloxía do muiño

Eixo vertical, grego, transmisión directa; eixo horizontal, romano

Foto xeral

Alimentación: de levada; de cubo; de mareas,…

Fotos entrada, croquis levada, foto

Mecanismos do muiño

Barros Justo, Ramiro. Muiños de río nas terras de Pontevedra. Servicio de Publicacións Deputación Pontevedra, 2005

Foi referencia decisiva ao escomenzo e a nosa guía todos estes anos. Explica marabillosamente as partes do muiño, entre outro cento de cousas, Describe, ademáis, a figura do compostor, oficio fundamental, do que falaremos máis adiante.

Despeze do muiño

A móa

As caixas

Erguedoiro

Eixo

O precursor do 5G

Pechadoiro

Piadoiro

Presente ou o ir facendo

Un algo de testemuña persoal

O descubremento das cousas. Transición de urbanita sen máis a outra cousa

Cavando aprendes que os antiguos eran antiguos pero non tontos. As pastas no fondo da levada

Axuda dos políticos…

A EC_0 3.8.16 2.5.1_20190114-1549

Outro elemento reseñable

Buckminster Fuller tamén é realizable: Hai que escoitar os dictames dos expertos pero, en caso de dúbida, hai que testalo.

Conclusión práctica

Sigue o paréntese

… pechamos paréntese

O arrieiro orixinal

As primeiras moendas no 2017, abonda para picón

“Cando trates coa auga, consulta primeiro a práctica e logo a teoría”

Leonardo

Reformas rodicio, depósito, toberas

Fin da fase romántica, confrontación coa dura realidade.

Somos perecedoiros

A etnografía ao uso non vale

Necesidade de concretar proxecto

Futuro

O pequeno manifesto

Agradacementos e anuncio

Categorías
Sin categorizar

Resumo executivo (ou pequeno manifesto)

Visión: Recuperar o territorio dende abaixo

1. Queremos recuperar un muiño de río fora de uso e o seu contorno de 0.5Ha, de xeito que o lugar volva ter actividade económica e de novo constituia un espacio de lecer e de formación.

2. Todo territorio está definido polo seu espacio e a súa poboación. Pero son as  persoas as que constituen esa poboación. Nós queremos contribuir ao benestar das persoas.

Misión

1. Dotar ao lugar das infraestructuras necesarias para poder levar a cabo as tarefas productivas e de formación.

2. Desenvolver unha rede de transformación e comercialización de productos alimentarios, artesanía e servizos de proximidade.

3. Realizar un módulo piloto no muiño e contorno, autosuficiente no ámbito enerxético e na depuración biolóxica de augas residuais.

4. Desenvolver un modelo de colaboración Escola-Empresa.

.

Obxectivos

1. Producción e comercialización de fariñas, pans, conservas e outros derivados agroalimentarios; elaboración de dispositivos tecnolóxicos sinxelos aplicables nos ámbitos medioambiental e educacional.

2. Desenvolver unhas marcas propias de calidade, Algo de Ceres, Muiño de Arnoso, Rurótica, Alp*toGrano, que trascendan o seu contorno.

3. Ofrecer o Módulo piloto (autosuficiente no ámbito enerxético, na depuración biolóxica de augas residuais e IOT -Internet das cousas- ) a outros lugares afastados situados na proximidade de ríos.

4. Formalizar materiais curriculares válidos para unha Formación Profesional Dual de Muiñeiro-Compostor (1).

4.1. Actividades non sen Contidos

A maiores do seu aspecto productivo, é fundamental salientar o aspecto formativo do proxecto, coa necesidade de definir os contidos a desenvolver.  Contidos son o conxunto de saberes, feitos, conceptos, habilidades, actitudes, a carón das que se desenvolven as actividades no lugar de formación.

4.2. Referentes: Os Oficios

Gostaríanos poder formanos e formar muiñeiros-compostores, porque pouco cunde a aprendizaxe se non fas uso continuado dela e porque todos somos perecedoiros.

Mirámonos coma escolantes ou mestres do ferrado, segundo a definición de Narciso Luarces (2)

Temos coma referencia de saída a figura do compostor, cun algo de canteiro, de ferreiro e de carpinteiro, segundo Ramiro Barros (3)

Temos coma meta unha especie de compostor do século XXI. Alguén que entenda e sexa capaz de crear un contorno productivo eficaz, se sirva das enerxías renovables e xestione intelixentemente os resíduos.

O tratamento dos resíduos conleva unha aprendizaxe práctica de utilidade na obtención de abonos e na identificación de tóxicos biolóxicos e químicos. A singularide do lugar posibilita ademáis unha aprendizaxe mediombiental básica que permita mellorar o seu aproveitamento.

4.3. Os paus a tocar neste proxecto son: Alimentos, Enerxías, Saúde Información e Formación.

Alimentos, a súa elaboración, transformación, procesado e comercialización.

Enerxías renovables e xestión de residuos.

Saúde entendida nun sentido amplio. En realidade, é o ámbito central do proxecto e non vai  ser doado de artellar. Considera o enfoque multisectorial de Unha Saúde da OMS pero está tamén centrado no individuo, no séu estado de ánimo, benestar e progreso a nivel persoal.

Formación que posibilite a autonomía -capacitación-, independencia -económica- e solidaridade -traballando en común-, na que a Ciencia Cidadán, a Permacultura,  o enfoque STEAM (ciencia, tecnoloxía, inxeniería, artes, matemáticas) séxannos familiares.

Para poder levar adiante o proxecto precisamos tamén saber algo de Economía e ter ferramentas que nos axuden a manexar a Información procedente dos distintos ámbitos.

Valores

Desenvolver un proxecto sostible basaeado nun modelo de triple balance, no que os custos e os beneficios económicos se axusten aos costes e beneficios sociais e ambientais,  nun modelo productivo non competitivo seguindo a estratexia do océano azul e orientado a unha economía de alcance.

Referencias:

1 Hai un precedente que descoñecíamos cando nos embarcamos nesta aventura. Polo Real Decreto 1145/1997, do 11 de xullo, estableceuse unha  Formación Profesional de Grao Medio “Técnico de Molinería e Industrias Cerealistas” que estivo vixente até a súa derogación no 2014,  polo RD 832/2014, de 3 de outubro.

2 “Mestre do ferrado.  Antes das escolas públicas, ensinaba a ler, escribir e o básico de aritmética, xeografía e puoco máis. Normalmente non cobraba en cartos. Por cada alumno recibía ½-1 ferrado de trigo ou de maínzo. Eran autodidactas, normalmente sin título académico; aprendera doutros escolantes e dos libros que lera”. (Luarces Pardo Narciso. Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos. Toxosoutos, Noia, 2013).

3 “Compostor era quen tiña a función de manter o muíño en perfecto estado para a moenda. Aparte de canteiro, era quen picaba as pedras, tamén entendía o necesario dos oficios de carpinteiro e ferreiro”, (Barros Justo Ramiro. Muiños de río nas terras de Pontevedra. Servicio de Publicacións Deputación Pontevedra, 2005).