Formación

O home por natureza quer saber,
dixo Aristóteles fai algún tempo.
O meu amigo quixo saber da vida,
quixo saber da lei,
quixo saber do Rei,
quixo saber do bispo,
quixo saber da espranza.
Eiquí
—díxolle o garda que o levou detido—
o que quere saber, apanda.
O lóxico
Unha de dúas:
se é certo
que cada minuto
morren de fame
cen persoas no mundo,
entón é falso
aquelo de que en todas partes
se cocen fabas.
Celso Emilio, O preguntón