Algo de Ceres
Algo de Ceres vai de recuperar un muiño de río e o seu contorno, de xeito que o lugar volva ter actividade económica e de novo constituia un espacio de lecer e formación.
Todo territorio está definido polo seu espacio e a súa poboación. Pero son as persoas as que constituen esa poboación. Nós queremos contribuir ao benestar das persoas, e facelo dun xeito colaborativo.
Muiño de Arnoso
O lugar entendémolo como Aula, Obradoiro, Laboratorio, Tenda.
Topámonos ainda na fase inicial, tentando paseniño de:
Dotar ao lugar das infraestructuras necesarias para poder levar a cabo as tarefas productivas e de formación: Reparación da ponte de acceso, retellado do muiño e construcción do forno de leña-obradoiro.
Desenvolver unha rede de transformación e comercialización de productos alimentarios, artesanía e servizos de proximidade.
Realizar un módulo piloto no muiño e contorno, autosuficiente no ámbito enerxético e na depuración biolóxica de augas residuais.
Aprender para poder desenvolver un modelo de colaboración Escola-Empresa.
Ver o Resumo executivo ou pequeno manifesto

As Roldas do Muiño
As Roldas do Muiño pretenden recoller a aprendizaxe nas distintas etapas de desenvolvemento do proxecto.
Perante as moendas gostaríanos poder documentar iste ir facendo con testemuñas e conversas con muiñeiros, outros mestres dos oficios e tamén expertos noutros eidos dende o medioambiental, histórico-etnográfico ao técnico e artístico.
As Roldas, Temáticas
Axenda
Outras citas e lugares de interés
Axendas doutros eventos no contorno do Condado Paradanta: roteiros, feiras, exposicións, etc.
Tan pronto teñamos a súa autorización, incluiremos eiquí os eventos dos colaboradores na bisbarra e fora dela.
Proba GPSProba Ligazóns
0_Enlace roto 0_Proxecto
Activismo Administraciones Agroalimentario Agua Arquitectura Arte Artesanía Asociaciones
Bibliotecas Biología y Salud Blogs
Cartografía Centros de Formación Ciencia Ciudadana CoHousingLivingWorking Conceptos Formación Culinario y más Cultivos Curiosideces
Desarrollo Rural Diseño y Materiales
Economía Editoriales Empresas Energías Renovables Etnografía
Gentes e Historias
Instalaciones
Patrimonio Permacultura Personalidades Plataformas Por Contactar Productos
Social Supranacionales SW R Leaflet
Tecnología Turismo
Web
Rurótica
No rural non nos axuda a Domótica. No rural non hai enchufes por todas partes, a wifi non acada máis alá dos 20m; fora fai frío, calor, chove, hai enchentas, lumes e otras ameazas biolóxicas, tamén hai amigos do alleo. Coa Domótica malamente podemos aprehender a Natureza.
Que lle queremos?
O Internet das cousas (IOT) é de axuda para explorar e coñecer o contorno natural, mais non se trata de levar por levar tecnoloxía ao rural.
Trátase de aprender identificar algúns dos problemas existentes e ver de darlle solucións incorporando as ferramentas do IOT.
Queremos desenvolver unha rede de comunicación a pequena escala usando LoRa (LoRa é acrónimo de rede de longo alcance e baixo consumo, apto para a transmisión de pequenas cantidades de datos para o Internet das cousas) no contorno do muiño.
Igoalmente queremos traballar cos desenvolvedores de LoRa no rural, tentando tamén de poder ofrecer unha formación continuada, de cero a producto.
Wiki
Partimos de que ninguén de nós é experto, nin está interesado inicialmente en toda-las materias, … pero a curiosidade nos vence, e podemos motivarnos e aprender xuntos.
Precisamente porque o gluten do trigo non ten nada que ver coas capas das PCBs, coas calidades das fariñas, coa contaminación do solo ou co séu pasado, queremos recoller neste apartado o global do proxecto. Escomenzaremos cun pequeno recetario e veremos de poder desenvolver unha Wiki.
Unha Wiki como comunidade virtual de coñecemento dos colaboradores dentro e fora da comarca, coa súa pequena aportación á enciclopedia colectiva nos ámbitos de: Alimentos, Arte, Cultura. Ecoloxía, Economía, Enerxías, Etnografía, Formación, Historia, Información, Literatura, Saúde.
Tentaremos presentar a información sobre o que estamos a traballar dun xeito atrainte, intelixible e estructurado para que nos axude a facer ben o que prometemos -fariñas, pans,…-. Non é unha obra erudita. Trátase de que o aprendido nos permita Facer cousas.
0_Enlace roto 0_Proxecto
Activismo Administraciones Agroalimentario Agua Arquitectura Arte Artesanía Asociaciones
Bibliotecas Biología y Salud Blogs
Cartografía Centros de Formación Ciencia Ciudadana CoHousingLivingWorking Conceptos Formación Culinario y más Cultivos Curiosideces
Desarrollo Rural Diseño y Materiales
Economía Editoriales Empresas Energías Renovables Etnografía
Gentes e Historias
Instalaciones
Patrimonio Permacultura Personalidades Plataformas Por Contactar Productos
Social Supranacionales SW R Leaflet
Tecnología Turismo
Web
Productos e Tenda Online
Fariñas, pastas e masas
Pans, bolería e máis
Conservas e alimentos de proximidade
Artesanía, tamén tecnolóxica
Pseudofurancho
Reservar para eventos
Obradoiros
E máis…
Contacto
Correo, teléfono
algodeceres@algodeceres.com
++34 645 44 10 37
Formulario
Colaboracións
Zona Membresía
0_Enlace roto 0_Proxecto
Activismo Administraciones Agroalimentario Agua Arquitectura Arte Artesanía
Bibliotecas Biología y Salud Blogs
Cartografía Centros de Formación Ciencia Ciudadana CoHousingLivingWorking
Conceptos Formación Culinario y más Cultivos Curiosideces
Desarrollo Rural Diseño y Materiales
Economía Editoriales Empresas Energías Renovables Etnografía
Gentes e Historias
Instalaciones
Patrimonio Permacultura Personalidades Plataformas Por Contactar Productos
Social Supranacionales SW R Leaflet
Tecnología Turismo
Web