O lugar entendémolo como Aula, Obradoiro, Laboratorio, Tenda.
Topámonos ainda na fase inicial, tentando paseniño de:
Dotar ao lugar das infraestructuras necesarias para poder levar a cabo as tarefas productivas e de formación.
Desenvolver unha rede de transformación e comercialización de productos alimentarios, artesanía e servizos de proximidade.
Realizar un módulo piloto no muiño e contorno, autosuficiente no ámbito enerxético e na depuración biolóxica de augas residuais.
Aprender para poder desenvolver un modelo de colaboración Escola-Empresa.
Por se non fora pouco, témoslle ganas de concretar a sacar adiante con vós unha chea de temáticas.